Volta ás aulas entre o “inmobilismo” da Consellaría e as “arelas” de cambio

O 11 de setembro regresaron ás aulas 30.101 docentes e 196.900 nenas e nenos de Educación Especial, Infantil e Primaria, o que representa 600 escolares menos que o ano pasado. Entre os retos fundamentais que terán que afrontar educadores e pais están as obras sen finalizar nos seus colexios, o continuo goteo de peches de unitarias, a falta de diálogo e apoio desde a administración, o aumento dos rateos ou a suba dos prezos de libros e material escolar. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza.
Protesta familias cervo escola foto bng cervo
photo_camera Protesta de familias en Cervo no inicio do curso por estar en obras. Foto: BNG Cervo
Comentarios