Villares propón a PSdeG e BNG unha plataforma única para as eleccións ao Senado

Considera que a concentración así do voto "progresista" podería derrotar a hexemonía do PP galego na elección para esa Cámara.

Ana Seixas, vicevoceira, e Luís Villares, voceiro de En Marea.

Luis Villares, portavoz de En Marea, propón a PsdeG e BNG unha "gran plataforma progresista" para concorrer nas eleccións do vindeiro 28 de arbil ao Senado. Unha ferramenta que, dixo, permitiría ás forzas de progreso galegas ter un bo resultado nesa Cámara, cuxa elección de representantes está marcada pola concentración de voto. Neste sentido, Villares sinalou que o "carácter aberto das listas para esta Cámara facilitaría esa posibilidade" dunha plataforma


Esta proposta foi formulada polo portavoz nacional e parlamentar de En Marea ao remate do Consello das Mareas. Nas eleccións xerais de 2016 elixíronse nas urnas 16 senadores e senadoras: 12 do PP, 3 do PsdeG e 1 de En Marea. 

O Senado ten unha configuración que penaliza aos partidos minoritarios e que favorece a formación de maiorías absolutas que non se corresponde co proporcional dos votos.

Comentarios