​Os vídeos de Nós-Candidatura Galega marcan a campaña nas redes

“É a mellor maneira de mostrar que somos un país con talento e capacidade, con cultura e identidade propia, que mostramos orgullosos, de forma amábel e ao tempo reivindicativa”, aseguran desde Candidatura Galega.


Nós-Candidatura Galega sorprendeu esta campaña con #ParaVídeosNós, unha aposta audiovisual chea de orixinalidade, humor e música, na que debuxaron as principais liñas políticas da súa proposta electoral. Unha xeira de vídeos realizados por artistas do país coa que racharon estereotipos e xeraron miles de visitas e impactos nas redes.  

“É a mellor maneira de mostrar que somos un país con talento e capacidade. Un país creativo, con cultura e identidade propia, que mostramos orgullosos, de forma amábel e ao tempo reivindicativa”, explicou ao comezo da campaña Xavier Campos, un dos responsables da mesma.

Algúns dos vídeos se convertiu en viral nas redes sociais. En especial, a canción “Porque este soño é necesario para un soño”, interpretada por Xosé Luís Rivas 'Mini' e a banda de rock 'Nao', que en poucas horas tiña centos de reproduccións. Outros artistas como Caxade tamén crearon temas en apoio da candidatura. 

Porén, o vídeo máis comentado foi o de 'Para divers@s, Nós', cuxo impacto tivo alcance estatal. O bico entre o deputado Francisco Jorquera e o número 1 de Nós pola Coruña, Carlos Callón, así como da candidata Isabel Risco coa artista Navia Rivas, non pasou desapercibido nas redes.

Ou reivindicacións en chave de humor pola defensa dos sectores produtivos do país, como as protagonizadas polas cabezas de lista de Nós, Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Carme Adán (Pontevedra).

E non podían faltar os anuncios electorais para “Ser quen queremos ser” e porque “Querémolo todo”, como sinais de identidade da candidatura de Nós.

Comentarios