Foi o presidente Antonio Guzmán Blanco (tres veces presidente entre 1870 e 1888) quen definiu Venezuela como un “coiro enxoito”; “Venezuela es como un cuero seco, lo pisan por un lado y se levanta por el otro”.
Coido que é a mellor definición do pobo venezuelano, distinto a todos os de América do Sur. Igualitario, revolucionario, abnegado, paciente e solidario. Estas peculiaridades son hoxe determinantes para a loita que o goberno revolucionario bolivariano mantén con Estados Unidos, son unha das armas de resistencia masiva deste pequeno David contra o seu particular e branco inimigo Goliath.
O goberno revolucionario bolivariano mantén un inquietante equilibrio dende o primeiro golpe de Estado contra o presidente Chávez en abril de 2002. Todos os días, dende aquela data, é agredido por Estados Unidos e os seus estados satélites (o Estado español é un dos principais agresores á democracia venezuelana), agresión que determina que calquera día pode ser o derradeiro da revolución.
Deposto e secuestrado o presidente Chávez (2002) a historia despois daría unha reviravolta. Un elemento que non estaba dentro do guión estadounidense fixo que o presidente Chávez retornase á presidencia: o pobo venezuelano.
Nin Estados Unidos nin os golpistas contaban con que o apoio popular do presidente Chávez era masivo. Así, as masas de venezuelanos que o segundo día do golpe exixían na rúa a volta do presidente que eles elixiron e que alguén secuestrara foi a principal carta de Chávez e a revolución bolivariana para retomar o poder.
Por iso, dende o golpe de 2002 en adiante o obxectivo principal para derrubar o goberno bolivariano vai ser desgastar ese pobo facéndoo sufrir, responsabilizando dese sufrimento o goberno que eles elixiron e tentando que sexa ese mesmo pobo quen o defenestre.
[Podes ler a análise íntegra no número 339 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]