Venezuela informa da "neutralización" dunha “incursión armada” vía marítima

Fala de “mercenarios” e da incautación de diverso material militar nun operativo que deixa 8 persoas mortas.

Imaxe de arsenal incautado venezuela
photo_camera Material incautado.

O Goberno de Venezuela informou este domingo da “neutralización” por parte das forzas armadas e da Policía dunha incursión por vía marítima dun grupo armado de “mercenarios” que pretendía infiltrarse en territorio venezuelano.

As forzas de seguridade informaron do falecemento de oito persoas, entre eles a que sitúan como un dos líderes da incursión, Robert Colina Ibarra, alias 'Pantera', así como a detención doutras 2 persoas, unha delas axente da DEA, segundo as autoridades de Venezuela.

O ministro de Interior, Xustiza e Paz de Venezuela, Nestor Reverol, revelou que tamén foron incautados dez fusís, unha pistola Glock 9 milímetros, 2 ametralladoras AFAG, seis vehículos terrestres, unha lancha con motores fóra borda, 2 cadernos con detalles da operación, teléfonos vía satélite, identificaciones, uniformes, un casco coa bandeira estadounidense, e diferente munición.

Fontes do Goberno indican que este grupo armado procedía de Colombia e que tiña como obxectivo xerar desestabilización, asasinar membros do Goberno e “concretar” un golpe de estado.

Comentarios