PARTICIPOU NAS PRIMARIAS CONVOCADAS POR IPU

Vence di que en Nós ninguén desde Madrid impón "anagrama" e "programa"

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, salientou na mañá deste domingo que Nós-Candidatura Galega decide todos os nomes en Galiza e que non lle impoñen as forzas estatais nin os candidatos, nin os anagramas nin os programas.

VENCE, NOVO E CALLÓN PRIMARIAS NÓS CANDIDATURA GALEGA2

 “O que a xente vota hoxe –este domingo- é o que vai ir na papeleta e non o que outros cociñan en Madrid e acordan por riba sen consultarlle á xente nin á militancia. Penso que é un exemplo de cómo se elabora unha candidatura de país”, sinalou esta mañá Xavier Vence, portavoz nacional do BNG en declaracións aos medios ao participar nas votacións primarias para elixir as listas de Nós-Candidatura Galega.

A de Nós é a “representación xenuína de Galiza” sen “candidatos, anagramas nin programas impostos desde as forzas estatais”. “É o único programa e a única candidatura netamente galega que se decide polos galegos e galegas, centrada integramente na defensa deste país. É a candidatura galega 100%, representa o BNG e moito máis, outras forzas políticas e, sobre todo, a cidadanía que quere unha voz potente en Madrid, que defenda Galiza por riba de todo”, engadiu.

Preguntado sobre a papeleta da coligazón de Anova, Podemos e EU, o nacionalista, que foi votar acompañado de Carlos Callón e Tereixa Novo –candidatos nas primarias pola provincia da Coruña- puxo de manifesto que “son esas forzas quen deben explicar o perfil da súa candidatura e por que non quixeron sumarse a unha candidatura autenticamente galega.

Comentarios