Acusa a Alemaña de querer expulsar Grecia da Eurozona

Varoufakis advirte de que o Estado español corre o risco de converterse en Grecia

“O perigo” de que o Estado español acabe converténdose en Grecia “sempre segue aí” e “farase real se seguen a repetirse os mesmos erros que se impuxeron” no país heleno, advirte o ex ministro de Finanzas grego Yanis Varoufakis.

varoufakis
photo_camera varoufakis

O ex ministro de finanzas grego Yanis Varoufakis alerta do “perigo” de que o Estado español acabe a converterse en Grecia “sempre segue aí”. Sinala que o risco se fará real “se seguen repetindo os mesmos erros que se impuxeron” no país heleno. Así o salienta nunha entrevista publicada por El País.

Varoufakis tamén afirma que o Estado español “ten que mirar pola súa situación económica e social e sobre isto valorar que é o que precisa independentemente do pase en Grecia ou onde sexa”.

Ademais, o ex ministro grego vaticina que o rescate a Grecia “está deseñado para fracasar” e acusa o ministro alemán Wolfgang Schäuble de non estar interesado “nunca” en pactar nada que poida funcionar. Sinala que o alemán quere “redeseñar a eurozona” e parte do seu plan pasa por “expulsar a Grecia”.

Na entrevista, Varoufakis di que “o Grexit usarase para infundir o medo preciso en Madrid, Roma e París”. Considera que “o plan de Schäuble é impoñer a troika en todas partes, en Madrid e Roma mais, especialmente, en París”.

Máis en Mundo
Comentarios