Venezuela intervén Banesco, o banco que mercou Abanca, e detén 11 dos seus executivos

A entidade estará intervida durante 90 días por “delitos financeiros”. Juan Carlos Escotet, propietario do banco, deixa temporalmente a presidencia de Abanca para desprazarse aao país latinoamericano.

banesco
photo_camera banesco

O goberno de Venezuela intervén Banesco, Banco Universal S.A, durante 90 días debido, afirman, a unha serie de operacións fraudulentas onde se sospeita que están involucrados directivos desta entidade financeira que en 2013 compraba Novacaxagalicia para transformala en Abanca.

No comunicado oficial do goberno infórmase que esta decisión enmárcase na operación ‘Mans de Papel’ e que non vai influír nos servizos ordinarios do banco, polo que fai un chamamento ás persoas que teñan conta e aforros na mesma. No comunicado tamén se indica que esta operación é necesaria para sanear “os ilícitos” da entidade e reconducilo “á normalidade das actividades financeiras”. O Fiscal Xeral  Tarek William Saab deu a entender que tales operacións fraudulentas facían parte do "ataque sistemático á moeda nacional", realizado por "mafias económicas".

Procedeuse á detención de 11 directivos de Banesco, entre eles Óscar Doval, presidente de Banesco en Venezuela e de orixe galega. Juan Carlos Escotet, presidente do grupo e que anunciou que deixaba temporalmente a presidencia de Abanca para se desprazar a Venezuela.

Comentarios