Valedora do pobo

A valedora mantense no cargo e só terá que remitir explicacións

Milagros Otero, a valedora do pobo, continuará no cargo, e polo de agora, só terá que enviar unha carta aos grupos parlamentarios coa argumentación da súa situación.

20150902_VALEDORA_-6
photo_camera Milagros Otero

En Marea e o BNG solicitaran modificar a orde do día do pleno do Parlamento desta semana, co obxectivo de que a cámara se posicionase sobre o cesamento da valedora. Esta petición decaeu por cuestións de procedemento, segundo argumentou o PP, baseándose en que o regulamento obriga a dar audiencia á valedora antes de que os grupos se posicionen nunha votación. Así as cousas, Milagros Otero terá de prazo até o sábado para remitir os seus argumentos por escrito aos grupos parlamentarios. A oposición criticou a lectura que o PP fixo do procedemento.



Milagros Otero tomara nun primeiro momento a decisión de renunciar como valedora do pobo após o Tribunal Supremo rexeitar o seu recurso, feito que viña a confirmar a nulidade do nomeamento dunha irmá do portavoz parlamentar do PP no Valedor do Pobo. A situación mudou cando Milagros Otero remitiu ao Parlamento Galego unha corrección do documento pola que supedita a súa dimisión á elección dunha persoa que a substitúa no cargo, o que apunta que se poderá manter até o final da lexislatura.

Comentarios