Opinión

Vale para algo o Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia? (e 2)

O día 23 de xullo do 2019, tivemos unha nova xuntanza do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, que tiña como principal obxetivo poñer en marcha as 15 comisións sectoriais creadas na anterior reunión.

Despois dunha explicación por parte do Xerente do SERGAS, o Sr. Campa (que por certo, apareceu él so, sen Aboal e compañía), puxo de manifesto a boa nota que @s usuari@s poñen @s profesionais da sanidade (máis dun 8 sobre 10); a pregunta que nós facemos é por qué non se lle pregunta a xente pola nota que lle porían “@s xestor@s” da sanidade, nunca se pregunta isto e así llo dixemos ao xerente.

Unha vez rematada a exposición, @s membros das Comisións fumos para diferentes salas a preparar o organigrama de traballo e as formas de comunicación entre nós: correo electrónico, whatsapp, video conferencia, audioconferencia, presenciais, etc. Eu estaba na mesa sectorial 2 para a elaboración da carteira de servizos de persoal médico. Teremos unha coordinadora (Isabel Gómez), nombrada pola administración e seremos 15 membros, tod@s médic@s (unha Pediatra). Teremos ata o 1 de agosto para organizar o traballo, poñernos nun grupo de correo e de whatsapp e a partir de aquí exponremos as ideas que consideremos cada un/ha, para no prazo de 3 meses, poder presentar unhas resolucións e unhas propostas, que sirvan para resolver o grave problema da masificación nas consultas e como podremos facer para que o mellor de cada xerencia se implemente en todas elas e que todolos profesionais teñamos as mesmas capacidadedes de actuación para dar un mellor servizo @s cidadáns/nas. A calidade da asistencia depende das cualidades persoais d@ profesional, pero tamén dunha carga de traballo que sexa soportable.

Unha vez rematada esta xuntanza, fun a comisión 9, na que tamén estou, que é a multidisciplinar para establecer o mapa de competencias dos diferentes estamentos e reordenación, no seu caso. Nesta comisión, fixemos o mesmo de coordinarnos (a coordinadora será Sinda Blanco) e valoramos a importancia do traballo que faremos nesta comisión, pois teremos que recoller as iniciativas de cada un dos estamentos que participan na Atención Primaria e darlle a forma que consideremos para poder ter un novo modelo de Atención Primaria nun prazo de 3 meses. Quedamos en ter uns primeiros resultados a 31 de setembro, a partir das inicitativas que vaiamos realizando nas diferentes xuntanzas que teñamos. Nesta comisión somos 17 persoas, de todolos estamentos da AP.

Si a administración cumpre o seu cometido e acepta o que se dispoña nas diferentes comisións, a Atención Primaria terá un antes e un despois deste período de traballo. Fai 6 meses estabamos cun conflicto importante, con folgas e manifestacións e agora estamos nunha Mesa de Diálogo na que si a xerencia do SERGAS asume a sua parte de responsabilidade na mellora da Atención Primaria, ésta será moito mellor, tanto para profesionais como para a cidadanía. Nas nosas mans está agora cumprir as expectativas creadas para conseguir unha Sanidade Pública, Universal, Gratuíta e de Calidade como marca a constitución e o noso Estatuto de Autonomía.

A miña impresión persoal é de luces e sombras. Valoro que a administración ten vontade de realizar unha boa xestión (temos eleccións dentro dun ano...) para conseguir a mellora da AP, pero isto prodúcese despois de dicir que tiñamos a mellor sanidade do mundo (Feijoo dixit), despois de presentar 200 medidas (...200), e despois de presentar outras 7… e  despois tamén das grandísimas mobilizacións nas rúas de Vigo e Compostela, e da desconvocatoria da folga en toda a primaria.  

Nas nosas mans (e nas da administración) está que dentro de 3-4 meses, teñamos unha mellor Atención Primaria en Galicia. 

Comentarios