Imprimir

Urkullu suspende as eleccións vascas

Redacción | 16 de marzo de 2020

O actual presidente vasco, Iñigo Urkullu, na a sede da Lehendakaritza (Imaxe: Goberno vasco)
O actual presidente vasco, Iñigo Urkullu, na a sede da Lehendakaritza (Imaxe: Goberno vasco)
O Lehendakari, Iñigo Urkullu, e os líderes dos partidos vascos decididoron suspensder as eleccións vascas do 5 de abril ante a situación da pandemia do coronavirus e o estado de alerta

O Lehendakari, Iñigo Urkullu, e os líderes dos partidos vascos decididoron suspender as eleccións vascas do 5 de abril ante a situación da pandemia do coronavirus e o estado de alerta, que impiden a celebración dos comicios coas debidas garantías para a saúde e o exercicio do dereito a sufraxio, segundo o acordo que alcanzaron.

Urkullu reuniuse este luns pola mañá cos máximos representantes das formacións con representación parlamentaria, o PNV, PSE-EE, EH Bildu, Elkarrekin Podemos-EU, PP e Equo, para analizar o futuro das eleccións -anunciadas polo presidente do Gobierno Vasco o 10 de febreiro- dada a evolución do coronavirus.

Nun escrito, as formacións políticas sinalaron que, "no actual contexto de estado de alerta e emerxencia sanitaria provocado pola pandemia do Covid-19, non poden realizarse os comicios coas debidas garantías, tanto para a saúde pública como para o exercicio do dereito de sufraxio".

O encontro comezou ás 10.00 horas na sede de Lehendakaritza e, en representación do PNV, estiveron presentes o presidente do EBB do PNV, Andoni Ortuzar, acompañado do burukide Joseba Urrutikoetxea, mentres que, por parte do PSE-EE, acudiu a secretaria xeral e candidata a lehendakari, Idoia Mendia.

En nome de EH Bildu estiveron presentes o seu coordinador xeral, Arnaldo Otegi, e a súa candidata a lehendakari, Maddalen Iriarte; por Elkarrekin Podemos o seu aspirante a Lehendakaritza, Miren Gorrotxategi; polo PP vasco, a súa presidenta interina, Amaya Fernández, e por Equo, o seu candidato a lehendakari José Ramón Becerra e Edurne Varanda.

Trátase dunha situación sen precedentes no Estado español, xa que nunca se enfrontou á suspensión dunhas eleccións xa convocadas, algo que tampouco prevé a lexislación. En todo caso, o Gobierno Vasco estivo analizando como sería posible encaixar xuridicamente un aprazamento dos comicios, para o que observou "lagoas".

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/politica/urkullu-suspende-eleccions/20200316124519093081.html


© 2020 Nós Diario