Urkullu tantea en Quebec vías de solución ao conflito catalán

O lehendakari invoca a Lei de Claridade canadiana como modelo a tomar por Europa válida para resolver conflitos nacionais.

ligo urkullu

Iñigo Urkullu está en Quebec, dentro da viaxe institucional que realiza ao Canadá e no que a cuestión catalá tamén ten un oco na axenda. Tantear as posibilidades dunha mediación para o conflito catalán é unha das cuestións que o lehendakari vai tratar na súa estancia, segundo apontan algunhas fontes. 

O lehendakari invocou en Montreal o modelo de Quebec como unha posíbel vía da que a Unión Europea tome nota para encaixar as demandas de pobos como Catalunya ou Euskadi. “É un modelo especialmente valiosos pola experiencia dos referendos de 1980 e 1995, a tramitación da denominada lei de Claridade e a resposta dada polo Parlamento de Quebec”, dixo.

A Lei de Claridade quebequense estabelece as condicións nas que o goberno do Canadá debería abordar unha negociación con Quebec. Este modelo, canda o de Escocia, é unha das referencias de Urkullu para formular saídas aos problemas vasco e catalán. En todo caso, o lehendakari aclarou que eran referencias, non modelos a copiar.

Manifestación en Bilbao contra o 155

Representantes de diferentes organizacións vasca convocaron unha manifestación en Bilbao para este sábado contra a aplicación do 155 e pola defensa do dereito a decidir. Entre os convocantes, sindicatos como LAB, ELA e CNT, plataformas como Gure Esku Dago, e organizacións políticas como EH Bildu. 

Comentarios