Urdangarín marcha a Catar para treinar a selección de balonmán

Iñaki Urdangarín tería aceptado a oferta feita polo seu amigo Valero Rivera de marchar para Catar para treinar á selección de balonmán. A Fiscalía anticorrupción non vaia adoptar ningunha medida que non lle permitise abandonar o Estado español. O Estado español non ten tratado de extradición co emirato

Urdangarin
photo_camera Urdangarin

Adestrar á selección de balonmán de Catar da man do seu amigo íntimo Valero Rivera, de cara ao mundial deste deporte que en 2015 terá lugar no emirato. Eis o futuro laboral (e persoal) que Iñaki Urdangarín escolleu,segundo publicaron medios españois e confirmou o seu avogado, para o seu futuro a curto e medio prazo.

Desde a Fiscalía anticorrupción xa se anunciou que non pedirán ningunha medida que, como retirada do pasaporte, impidan  a este imputado no Caso Nóos, saír do Estado español. Así que desenvolvería alía a súa actividade e voltaría para as declaracións xudiciais, apuntan desde círculos próximos o marido da infanta Cristina.

En principio, as súas tarefas serían máis de 'relacións institucionais' que un posto técnico

A familia do exdeportista vasco viaxará a Catar para se reunir con el unha vez que finalice o actual curso escolar. A tarefa que Urdangarín desenvolvería na selección do emirato estaría máis enfocada a relacións institucionais que un posto técnico, segundo indican desde medios da capital do Estado.

Valero cobrará como adestrador de Catar por volta de 850.000 euros por ano. Falta saber canto vai cobrar Urdangarín, a quen leva como man dereita

Comentarios