A Universidade de Nova York debrúzase sobre a realidade do galego, vasco e catalán

Unha mesa redonda organizada por Cristina Pato, que ocupa a Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na New York University (NYU), contará coa presenza de editores de Galiza, Euskal Herria e Catalunya.

New York University

“Sociedades bilingües e sostibilidade: as outras linguas de España” é o título da mesa redonda organziada para esta quinta pola Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española na New York University (NYU), que ocupa este curso Cristina Pato. No participarán tres destacados editores peninsulares: Francisco Castro, escritor e director de editorial Galaxia en representación da Galiza; Rosa Rey, directora de Angle Editorial e Capital Books (Cataluña); e Lorea Agirre, directora de Jakin Magazine (Euskadi). 

Os tres partillarán as súas experiencias de supervivencia e resistencia nun Estado con catro linguas oficiais, co obxectivo de achegar unha perspectiva diferente sobre as outras linguas que se falan no Estado. Tamén haberá música e un recital poético en galego, euskera e catalán.

Comentarios