Unidade feminista en 35 milímetros

Un documental elaborado integramente por mulleres voluntarias reflexiona sobre as situacións de desigualdade máis normalizadas pola sociedade co obxectivo de «bater na conciencia de homes e mulleres».
Documental mulleres contra o franquismo 'Sen tocar un pelo' web
photo_camera Fotograma de 'Sen tocar un pelo' (Domingo Díaz)

O Salón de Actos do IES Manuel Murguía de Arteixo acolleu a presentación de Sen tocar un pelo, un documental de contido naturalista. O que fai especial este produto audiovisual dirixido polo cineasta Domingo Díaz é que foi desenvolvido exclusivamente por mulleres voluntarias, que propoñen unha reflexión sobre as situacións de desigualdade máis normalizadas pola sociedade, co obxectivo de «bater na conciencia de homes e mulleres».

Domingo Díaz explica para Sermos Galiza que o documental, de 40 minutos de duración, «está articulado arredor de frases relacionadas co machismo como 'non me toques un pelo' ou 'onde vas vestida así?'», e que «foron as propias mulleres as que se encargaron integramente do proxecto». Ademais, non descarta un futuro percorrido do filme por festivais de cinema.

Comentarios