Últimos días para solicitar as achegas culturais da Deputación da Coruña

Esta semana, concretamente a sexta feira 31 de xullo ás 14 horas, remata o prazo para que o sector cultural privado se acolla a algunha das dúas liñas convocadas pola Área de Cultura da Deputación da Coruña.
O Deputado de Cultura, Xurxo Couto (Foto: Nós Diario).
photo_camera O Deputado de Cultura, Xurxo Couto (Foto: Nós Diario).

Esta semana, concretamente a sexta feira 31 de xullo ás 14 horas, remata o prazo para que o sector cultural privado se acolla a algunha das dúas liñas convocadas pola Área de Cultura da Deputación da Coruña para o desenvolvemento e difusión dos seus proxectos ante a crise provocada pola Covid-19.

Unha delas promove o apoio a empresas audiovisuais para a distribución, comercialización e exhibición en lingua galega, para o que destina un orzamento de 125.000 euros que se repartirán en achegas que van de 5.000 a 30.000 euros. A outra ten 275.000 euros de dotación e promove apoiar "proxectos culturais singulares"

Comentarios