O último disco de Sumrrá, entre o mellor do ano da revista All About Jazz

'5 Journeys', o último traballo do trío compostelá Sumrrá, foi elixido por un dos críticos da revista All About Jazz, como un dos álbumes do ano. 

sumrra
photo_camera Sumrrá

All About Jazz é un dos maiores referentes do jazz na rede e conta con críticos de todo o mundo. O crítico James Nadal seleccionou o quinto disco do trío formado por Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), LAR Legido (percusión) e Manuel Gutiérrez (piano) entre unha ducia de traballos entre os que podemos atopar a figuras consolidadas como Lizz Wright ou Muddy Waters.

Na crítica que Nadal fai do seu '5 Journeys', apunta que Sumrrá é unha das mellores formacións de jazz da Península Ibérica. Destaca tamén o seu repertorio característico e innovador e a súa reputación baseada en potentes actuacións feitas con base acústica. 

Sumrrá é o trío de jazz galego máis internacional. Este ano estiveron no Tanjazz de Tánxer e gravaron en xaneiro no Teatro Principal este último álbum, que saíu ao mercado este mes de decembro. En 2014 gañaron o Premio Martín Códax da Música no apartado de jazz. 

Comentarios