Postais e música, as últimas homenaxes do Museo do Pobo a Antón Fraguas

O Museo do Pobo Galego pecha o ano das Letras de Antón Fraguas cunha exposición de postais e un concerto na súa homenaxe.
cancioneiro
photo_camera Oradaladou

O Museo do Pobo Galego pecha o ano dedicado a Antón Fraguas con varias actividades que prouran render unha última homenaxe ao que foi presidente do Padroado da institución.

A Biblioteca do Museo do Pobo Galego organiza unha exposición cun dos trazos máis persoais do arquivo de Fraguas: unha escolma das postais de Nadal que se gardan entre a súa correspondencia. A mostra, situada na entrada ao claustro do Museo, estará aberta ao público ata finais de 2019. Na selección pódense ver postais enviadas por Manoel Beiras, Ben-Cho-Shey ou Francisco Fernández del Riego.

Por outra banda, o dúo Oradaladou interpretará o vindeiro sábado 28 de decembro ás 19:30 horas no Museo do Pobo Galego un repertorio de 13 pezas do seu disco Cantigueiro de Cotobade, composto a partir das coplas recollidas por Antón Fraguas.

A actuación, que terá lugar no aniversario do seu nacemento, será a actividade que clausurará a exposición temporal Antonio Fraguas. Letras Galegas 2019. A entrada ao concerto é libre previa retirada de entrada na recepción do Museo.

Comentarios