Ultima oportunidade para adquirir o especial sobre Carvalho Calero

Hoxe é o derradeiro día no que poderás atopar nos quiosques, librerías ou gasolineiras do país o Sermos Galiza de 48 páxinas monográfico de Carvalho Calero máis o teu Nós Diario por só 3 euros.
Capa Sermos Galiza Día das Letras
photo_camera Último día para adquirir o semanario especial polo Día das Letras (Foto: Nós Diario).

Hoxe día 18 de abril, segunda feira, é a derradeira ocasión para adquirir nos puntos de venda habituais (quiosques, librarías, gasolineiras...) o semanario Sermos Galiza Carvalho Calero. Vivir con autenticidade. 

Baixo este título publícouse, con motivo do Día das Letras Galegas un número especial de Sermos Galiza de 48 páxinas a cor, grampadas e guillotinadas,  que recolle oito artigos dos máis recoñecidos estudosos da obra e da figura de Ricardo Carvalho Calero. Unha coidada edición de 4.000 exemplares con formato revista que está á venda con Nós DiarioUn total de 80 páxinas por só 3 euros. Un número para a historia.

Xoán Costa, Xosé Ramón Freixeiro Mato, María Pilar García Negro, Xoán Carlos Garrido, Aurora Marco, Pilar Pallarés e Francisco Rodríguez ispen o homenaxeado pola Real Academia Galega para dar a coñecer as súas múltiples vertentes, nun número que, tamén está á venda na nosa loxa

Se non es subscritora ou subscritor, non dubides en adherirte.

Comentarios