Ukullu afirma que o Goberno vasco analiza "legalmente" se mantén as eleccións

O lehendakari Iñigo Urkullu (Imaxe Europa Press)
photo_camera O lehendakari Iñigo Urkullu (Imaxe Europa Press)

O lehendakari, Iñigo Urkullu, anunciou que o Goberno vasco analiza "legal e xuridicamente" se coa actual situación en Euskadi co coronavirus poden manterse as eleccións do 5 de abril, se ben matizou que se trata dunha decisión que corresponde á Xunta Electoral Central.

Nun acto organizado en Gasteiz co gallo do Día Europeo das Vítimas do Terrorismo, Urkullu subliñou que a crise xerada por este virus non é unha cuestión política, senón de "saúde pública" e pediu ás partes que non especulen con este problema. Para o líder do PNV, o principal a ter en conta é que estamos ante un debate de "saúde pública" e non político.

Lembrou, porén, que de manterse a campaña electoral esta estará suxeita aos mesmos estándares sanitarios que calquera evento social, cultural ou deportivo.

Tamén anunciou que o Goberno vasco destinará un "fondo de emerxencia, dotado con 300 millóns de euros, para reforzar os sistemas sanitario e educativo e para axuda ás empresas.

Comentarios