"América nunca será un país socialista", dixo sobre os EUA

Trump deixa entrever que despois de Venezuela irá por Cuba e Nicaragua

O seu obxectivo explícito é acabar co "socialismo" no continente americano. Tamén nos propios EUA. Nun mitin, Trump enviou un recado aos sectores do Partido Demócrata que nos últimos tempos fan as beira coa etiqueta socialista, na tradición norteamericana vista como un sinónimo de comunista. "América [polos EUA] nunca será un país socialista", dixo.

Donald Trump EUA
photo_camera Trump

A irrupción de Alexandria Ocasio-Cortez e de Rashida Tlaib no Congreso norteamericano puxo no primeiro plano da política norteamericana o ideario socialista, que aquelas dirixentes da ala esquerda do Partido Demócrata profesan, como vultos máis destacados dun colectivo chamado Socialistas Democráticos de América.

Nun mitin, Donald Trump deixou ver a súa particular cruzada contra o "socialismo" vaina librar quer nos EUA quer no resto do continente americano. Non contento con patrocinar o golpe en curso en Venezuela, puxo o foco en Cuba e Nicaragua, os tres países que constituirían o que ten cualificado como a troika da tiranía. 

"Cando Venezuela sexa libre e Cuba sexa libre e Nicaragua xea libre, este será o primeiro hemisferio libre en toda a historia da humanidade", dixo.

A retórica do inquilino da Casa Branca foi moi agresiva con Maduro, do que dixo que non é un patriota e si unha "marioneta de Cuba". Trumpo voltou a insinuar que a respecto da intervención dos EUA en Venezuela todos os escenarios están sobre a mesa: "Pretendemos unha transición pacífica no poder, pero toda as opcións están abertas", dixo.

O elemento novidoso no discurso de Trump veu ao expresar preocupación por un hipotético contaxio socialista en terreno norteamericano. "A estes que tentan impor o socialismo nos EUA, máis unha vez queremos deixarlles claro unha simples mensaxe: América nunca será un país socialista".

Comentarios