Unha trintena de moz@s viste de negro a Quintana contra a impunidade do Prestige

Nunha acción silenciosa un grupo de moz@s cubriron de negro esta quinta feira as escaleiras da Praza da Quintana en Compostela baixo o lema 'Nunca Máis impunidade'. A plataforma Nunca Máis convoca mobilizacións este domingo nas vilas e cidades do país. 

Imaxe: Sara Torreiro
photo_camera Imaxe: Nune Pampín

A poucos días das manifestacións convocadas pola Plataforma Nunca Máis nas localidades e comarcas do país contra a sentenza do Prestige, perto dunha trintena de moz@s denunciaron a "impunidade" do fallo xudicial cunha acción simbólica que cubriu de negro as escaleiras da Praza da Quintana en Compostela. 

Baixo o lema 'Nunca Máis impunidade' @s moz@s concentradas en réxime de auto-convocatoria despregaron un inmenso manto negro co que quixeron simbolizar a marea de chapapote que hai 11 anos cubría as costas galegas após o accidente do Prestige. Desta maneira @s moz@s lembraron @s transeúntes o maior desastre ecolóxico do país. 

Comentarios