Treixadura, molestos polo uso de “Se chove” como sintonía electoral de Ciudadanos

O grupo de música tradicional Treixadura vén de dirixirse a Ciudadanos para que retire “de inmediato” o tema “Se chove” da súa propaganda electoral.

Se chove, deixa chovere / se orballa, deixa orballare / por máis que chova e vente / de ti non me hei de apartare... a célebre canción de Treixadura estaba a ser utilizada por Ciudadanos en Rianxo como parte da súa propaganda electoral.

O grupo de música tradicional emitiu a través das redes sociais un comunicado en que afirma: “Decatámonos que o partido político Ciudadanos estaba a empregar o noso tema “Se chove” como sintonía da súa campaña electoral en Rianxo. Desde Treixadura queremos deixar claro que nin pediron nin demos permiso para o seu uso”.

Treixadura engaden, “non queremos que a nosa música, que é a da nosa xente e do noso pobo, se identifique con ningún partido”. Xa se puxeron en contacto con Ciudadanos para que retire de inmediato “Se chove” da súa propaganda electoral.

Comentarios