Convoca Queremos Galego este 17 de maio

Trece manifestacións pola “liberdade, igualdade e xustiza” para o galego

“Liberdade, igualdade e xustiza” para a lingua di a palabra de orde coa que a plataforma Queremos Galego convocou este 17 de maio 13 manifestacións en 13 localidades distintas. Estas mobilizacións simultáneas servirán para “deslocalizar” a gran marcha que, nos últimos anos, viña percorrendo Compostela.
 

concello de lugo queremos galego 2
photo_camera Protesta da plataforma Queremos Galego en Lugo. Foto: Queremos Galego.

Queremos Galego presentou a súa acción esta segunda feira en Lugo. No acto, o membro da organización Luís Pérez Barral lembrou a situación de desigualdade do galego respecto do castelán. Puxo exemplos: “A Xustiza dita o 95% das sentenzas en lingua castelá e un 5% en galego. O Tribunal Superior anulou parte da ordenanza lingüística do concello [aprobada por unanimidade]. No ensino, o 23% da persoas de entre catro e 15 anos non sabe falar galego”.

Queremos-Galego-2019 cartaz

A esixencia de igualdade é fundamental para Queremos Galego. “Cómpre que as persoas que falan galego non teñan impedimento de ningún tipo á hora de facelo”, sinalou Barral, quen lembrou outras circunstancias en que o uso da lingua propia de Galiza atopa dificultades, e mencionou “empresas, bancos, aseguradoras” ou a administración do Estado.

As mobilizacións de Queremos galego para este 17 de maio son:

A Coruña
Praza de Galiza ás 12:00h

Santiago de Compostela
Alameda ás 12:00h

Ferrol
Praza Vella ás 12:00h

Carballo
Praza do concello ás 12:00h

Lugo
Praza Maior ás 12:00h

Burela
Praza da Mariña ás 12:00h

Monforte
Praza de España ás 12:00h

Ourense
Praza do Ferro ás 12:00h

Pontevedra
Praza da Peregrina ás 12:00h

Vigo
Manifestación ás 12:00h. Saída cruzamento da Vía Norte coa Rúa Urzáiz.

A Estrada
Praza do mercado ás 12:00h

Lalín
Praza da igrexa ás 12:00h

Comentarios