Traballadores de Ferroatlántica fecharanse no Concello de Cee contra a venda das hidroeléctricas

A partir da segunda feira, 21, dará comezo un peche no Casa consistorial e haberá concentracións diarias.

Concentración de Ferroatlántica en Cee
photo_camera Concentración de Ferroatlántica en Cee

O Comité de Ferroatlántica acordou novas mobilizacións para esixir a intervención inmediata da Xunta e a paralización da venda das centrais hidroeléctricas por parte de Villar Mir. A partir da vindeira segunda feira, 21 de novembro, dará comezo un peche no Concello de Cee e haberá concentracións diarias diante da casa consistorial .

 "Todo para exixir a intervención inmediata da Xunta para que paralice a venda. Non chega con facer declaracións ambiguas de garantía do postos de traballo, nin que o PP da comarca se sitúe detrás dunha pancarta mentres o seu goberno pode ser o verdugo da comarca", aseveran.

Insisten en que a única garantía para os empregos é manter a vinculación da actividade de produción de enerxía e ferroaleacións, pois é un único ciclo produtivo.


 

Comentarios