Unha análise de Ramón Varela Díaz

O megaproxecto do cobre en Touro-O Pino ou a volta da industria de rapina

Unha vez máis un proxecto mineiro convulsiona o noso país, a antiga mina de cobre en Touro é de novo punto de mira dunha multinacional que busca en Galicia un beneficio alto, claro e rápido, como si estivésemos no século XIX. Trátase de obter unha materia prima codiciada no mercado mundial, o cobre, e pretenden transportalo e transformalo lonxe de aquí, explotando a mina o tempo mínimo imprescindíbel  -de 14 a 16 anos-, o que lles permitirá obter case medio millón de toneladas de cobre.

Antiga explotación de cobre de Touro (Imaxe: Adega)
photo_camera Aspecto hoxe en día dunha das balsas da antiga mina [Foto: Adega]
Comentarios