Torra comprométese a “volver a poñer as urnas para a autodeterminación” esta lexislatura

O president da Generalitat propón un “acordo nacional” para facer efectivo este dereito “canto antes”.

Quim Torra

O president da Generalitat, Quim Torra, compareceu esta quinta feira no Parlament para expoñer a súa opinión sobre a sentenza do Tribunal Supremo sobre o 1-O. Torra manifestou que o seu roteiro pasa por “volver a poñer as urnas para a autodeterminación” e apostou para que iso se faga nesta lexislatura.

O que non concretou o president é se iso será mediante un referendo ou ben pasará antes por unhas novas eleccións “plebisicitarias”. Propuxo un “acordo nacional” entre organizacións políticas e axentes sociais, afirmando que “defenderei que nesta lexislatura se acabe exercendo de novo o dereito de autodeterminación”.

Torra referiuse a unha vía internacional e a dúas ferramentas. En primeiro lugar, seguir o camiño da internacionalización, co Consello pola República e o presidente Carles Puigdemont á fronte. No que respecta ás ferramentas, referiuse a un motor, que debe ser o orzamento, "necesitamos este orzamento para avanzar e facer avanzar ", mais tamén o debate constituínte que está en marcha, " ten un nivel de participación moi elevado ", ademais da resolución sobre un acordo de país sobre o dereito á autodeterminación e a amnistía aprobado no Parlamento por maioría absoluta. "

Ao longo da intervención reivindicou en varias ocasións “serenidade, firmeza, autodeterminación e non violencia”.

Comentarios