40 páxinas de monográfico

Todo sobre Fraguas nun especial editado por Sermos Galiza

Con motivo do Día das Letras Galegas, Sermos Galiza S.A. edita un A FONDO especial, o caderno monográfico que acompaña cada número do semanario en papel, sobre Antonio Fraguas, a figura homenaxeada este ano. Unha ducia de colaboracións de persoas que coñeceron ou que se aproximaron á obra do de Cotobade compoñen as 40 páxinas de monográfico.

Caricatura Antón Fraguas Fraguas
photo_camera Detalle da caricatura de Antonio Fraguas, asinada por Andrade
Comentarios