O PP leva semanas a demandar a Sánchez que anuncie a convocatoria das urnas. Iso foi o que fixo o presidente do goberno español esta sexta feira. Mais nin así o PP lle vai dar tregua. Na súa conta twitter, máis que facer unha avaliación do anticipo electoral e antes que ponderar como está o exército popular para enfrentar a campaña, Feixoo optou por cargar contra o inquilino da Moncloa.
Pedro Sánchez entró de la peor manera en el Gobierno y se va igual. España no es un juguete ni patrimonio de ningún político. El @PPopular está preparado para demostrar que hay otra forma de gobernar para todos los españoles
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) 15 de fevereiro de 2019
O PP preparado e En Marea, preparada tamén. Tanto que xa este sábado a súa dirección, fortemente cuestionada por un sector crítico que xa nin participa nas reunións orgánicas, anunciará o calendario de primarias. Faino a formación liderada por Luís Villares cando está moi lonxe de estar claro con que formato (partido instrumental ou coalición de partidos) acudirá ás urnas.
En Marea está preparada para este reto político e mañá se anunciará o calendario de primarias para esta cita na que vimos traballando desde hai tempo pic.twitter.com/ElReLg6tFE
— EnMarea (@En_Marea) 15 de fevereiro de 2019
Nas bancadas do PSdeG, o discurso é moi Ferraz, o da dialéctica de presentar a formación socialdemócrata como dique de contención fronte ao bloque da dereita:
🔴Traballando xa para avanzar cun goberno progresista liderado por Pedro @sanchezcastejon frente ao retroceso que implicarían as dereitas. Coa vista no #28deabril. Ao servizo da maioría da cidadanía e dos sectores máis vulnerables. https://t.co/ZvYK2Rg6p3
— Gonzalo Caballero (@G_Caballero_M) 15 de fevereiro de 2019
Por súa parte, Ana Pontón anuncia un BNG á ofensiva e deixa ver o argumentario básico da formación: só o voto nacionalista garante a presenza do país no Congreso.
Imos a por todas, con alegría e convicción: temos a oprtunidade de acabar con estes anos de irrelevancia politica, de discriminación e onde Galiza estivo ausente. A nosa xente necesita que alguén dea a cara por Galiza! O 28 de Abril é o día, é o momento de Galiza! Adiante!
— Ana Pontón (@anaponton) 15 de fevereiro de 2019