Este sábado 2S

Timbila Nuzimba e Uxía homenaxean Narf en Cambados

Este sábado día 2 Timbila Nuzimba e Uxía darán un concerto en homenaxe ao artista galego Fran Pérez, Narf. O encontro está organizado pola concellaría de cultura de Cambados e terá lugar na Biblioteca Municipal Luís Rey ás 20:00h.

muzimbatimbila

A idea deste concerto é conmemorar un encontro similar que tivo lugar o ano pasado durante a Festa do Albariño no que Narf e Uxía actuaron conxuntamente. O concelleiro de cultura sinala que o obxectivo é lembrar ese espectáculo que en Cambados recordan con cariño e homenaxear ao artista. 

A banda Timbila Nuzimba tocou en varias ocasións con Narf, de feito, foi con eles con quen actuou no seu último concerto. "Quixemos combinar a presenza de Uxía e a do grupo que tocou con el no seu último concerto", afirma Víctor Caamaño, concelleiro de cultura de Cambada.

O concerto terá lugar na Biblioteca Municipal Luís Rey de Cambados ás 20:00h, mesmo espazo e horario que o do ano pasado. 

Comentarios