The New York Times non publicará máis cadriños políticos na súa edición internacional. Unha autocensura decidida pola dirección do xornal após a polémica xerada por un cadriño de Moreira Antunes no que se representaba Netanyahu como un can-guía, coa cruz de david ao pescozo, guiando un Donald Trump cego. O que era unha crítica ácida á ‘cegueira’ da política de EUA a respecto de Palestina, deixándose levar por un extremista como Netanyahu, naufragou nunha polémica na que se acusou a caricaturista e xornal de antisemitas”.
The New York Times presentou as súas desculpas mais de pouco valeron. Así que o director da publicación, A.G. Sulzberger, decidiu abrir un proceso disciplinario contra o responsábel da edición que elixiu este cadriño
Diferentes voces apuntan á presión do poderoso lobby israelita en Estados Unidos como o movemento decisivo para a decisión do NYT. Outras como o debuxante Patrick Chappatte denuncia como “nestes últimos anos algúns dos mellores debuxantes de prensa de Estados Unidos perderon o seu traballo porque os seus editores atopáronos demasiado críticos con Trump”.
Voilà le dessin d'António Moreira Antunes qui a amené le @nytimes à abandonner le dessin de presse. pic.twitter.com/lImcm2PpBb
— Régis Gay (@gayregis) 10 de xuño de 2019