Opinión

O terremoto que sacudiu á Grá Bretaña nas eleicions europeas

A grande surpresa das eleicions europeas na Grá Bretaña foi o trunfo do partido UKIP (United Kingdom Independence Party), que tamben acadou resultados notabilísimos nas municipais celebradas ao mesmo tempo e pasou da escuridade total a unha brillantez e visibilidade que deixou aos outros partidos e ao sistema político como depois dun terremoto.

A grande surpresa das eleicions europeas na Grá Bretaña foi o trunfo do partido UKIP (United Kingdom Independence Party), que tamben acadou resultados notabilísimos nas municipais celebradas ao mesmo tempo e pasou da escuridade total a unha brillantez e visibilidade que deixou aos outros partidos e ao sistema político como depois dun terremoto.

Na Grá Bretaña o trunfo do antieuropeísta UKIP ven de que se manifesta con mais sinceridade e rotundidade que os demais en cuestions relativas á Union Europea. Ainda que os outros partidos tentaron apresentalo como un partido ¨fascista¨, ninguen acreditou niso.  A votacion demostrou que os británicos estan aburridos das mentiras e os enganos dos partidos tradicionais e de que as elites pensen que os poden manexar como queren.

"O mais surprendente é que o partido traballista non quera admitir que, se deixase de ser europeísta por principio e de negarse a pensar nesa cuestion, é case seguro que a maioria o votaria nas eleicions xerais do ano que ven".

A pior surpresa foi para o partido traballista británico, que pensou que o UKIP quitaría votos ao partido conservador e non a ele. Unha consecuencia da votacion foi que o partido conservador, que quedou de terceiro, está matinando en se adiantar a data do referendo sobre a Union Europea que medio prometera para depois das elecions xerais do 2015. O partido traballista, que perdeu pe e os principios da esquerda hai muito tempo e troucounos polos dogmas e a censura do políticamente correcto, e que está liderado por elites tan ricas e privilexiadas como as dos conservadores, ten un líder que looks weird, sounds weird and is weird (parece estraño, soa estraño e é estraño), segun dixo alguen do seu partido cunha definición que se fixo famosa polo exacta que resulta, e que non está disposto a desistir desa incoherente crencia da esquerda europea convencional, dictada polos Estados Unidos, na Union Europea. Iso fai que soe dictatorial e absolutista cando agora lle perguntan se non pensa oferecer un referendo aos votantes sobre a integracion do país na UE que se fixo sen consultalos e di que non. Tamben deixouse retratar nos derradeiros dias da campaña comendo un bacon butty (touciño metido nun pan redondo), favorito das clases traballadoras, para demostrar que é un ¨home do pobo¨.  O resultado foi que a prensa disfrutou mostrando a cara de noxo con que comía o pan con touciño  e difundindo que, ainda que se faga o humilde, vive nunha casa que vale unha fortuna. O mais surprendente é que o partido traballista non quera admitir que, se deixase de ser europeísta por principio e de negarse a pensar nesa cuestion, é case seguro que a maioria o votaria nas eleicions xerais do ano que ven.

Os votantes británicos demostraron que queren unha política distinta que se ocupe con sinceridade e competencia dos problemas reais e que non queren políticos que non din mais que frases feitas e actúan como robots mal programados. 

Comentarios