Imprimir

Terremoto de magnitude 3,5 con epicentro enTaboada

Redacción | 21 de agosto de 2018

monterroso terremoto
monterroso terremoto

O sismo notouse en moitas comarcas de Galiza. No último ano rexistráronse 23 terremotos nesta mesma zona se ben só 3 foron percibidos pola poboación. Nun primeiro momento situouse en Monterroso e de magnitude 4,1

Taboada foi epicentro na madrugada do martes dun terremoto de magnitude 3,5 que se deixou sentor en boa parte de Galiza. Nun primeiro momento, situouse o sismo en Monterroso, na comarca da Ulloa, e indicouse que era de 4,1 na escala Richter, dos máis fortes que houbo en Galiza nestes anos. O sismo tivo lugar a 12 quilómetros de profundidade e rexistrouse no sureste desta vila. O tremor tivo lugar ás 02:28 horas da madrugada e notouse en boa parte da provincia de Lugo así como en diversas partes das da Coruña, Ourense e Pontevedra.

 

Máis de 400 persoas responderon ao longo destas horas o cuestionario macrosísmico do Instituto Xeográfico Nacional, ao que se pode acceder desde unha aplicación móbil, e a través do cal a poboación achega os detalles de como e onde sentiu o tremor producido polo terremoto.

 

Os servizos de emerxencias non teñen constancia de danos persoais e materiais. Nesta mesma madrugada tamén se rexistrou outro sismo en Galiza, desta vez no Courel, se ben dunha magnitude moito menor: 1,9 graos.

 

Según informaron a Europa Press na Rede Sísmica Nacional, rexistráronse 23 terremotos nesta mesma zona desde 21 de agosto de 2017, se ben só tres foron percibidos pola poboación. 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/terremoto-magnitude-41-epicentro-monterroso/20180821093836071524.html


© 2020 Nós Diario