"Tempo Catro" presenta en Ferrol o disco "Os ollos que falan" con once cantares de Rosalía

“Os ollos que falan” é o título do disco que o sexteto Tempo Catro presenta este día 20 de setembro ás 20.30 no Teatro Jofre de Ferrol nun concerto organizado pola Asociación Cultural Medulio. O novo traballo de Tempo Catro, proposta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, musica once cantares de Rosalía de Castro. 

Cartaz do concerto
photo_camera Cartaz do concerto

O concerto, baseado en once cantares de Rosalía de Castro é o resultado dunha proposta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega a través da Sociedade Cultural Medulio de Ferrol. 

Suso Iglesias e Andrés Pazos, profesores do Conservatorio de Ferrol, forman parte de Tempo Catro canda Antonio Romero (contrabaixo) e Javi Cedrón (violín). Begoña Lorenzo pon a voz a este proxecto que busca difundir os cantares de Rosalía neste ano no que se fai o 150 aniversario da súa publicación. Andrés Pazos e Suso Iglesias son autores dunha música no que se senten ritmos de valse, fado, salsa, mazurca, xota ou pasodobre. 

Comentarios