Deportes

Táboas de exercicios para combater o sedentarismo durante o confinamento

Sen acceso a instalacións deportivas como piscinas ou ximnasios, e incluso á práctica do tradicional paseo, o Concello de Malpica decidiu repartir táboas de exercicios “para garantir o benestar físico á poboación máis maior”.
SASLKSA
photo_camera As actividades deportivas e lúdicas nos centros cívicos quedaron suspendidas durante o estado de alarma (Foto: Nós Diario).

O Concello de Malpica repartirá táboas de exercicios “para garantir o benestar físico á poboación máis maior”.

Nestes tempos de confinamento, no que a poboación deixou de ter acceso ás instalacións deportivas como piscinas ou ximnasios, e incluso á práctica do tradicional paseo, a Concellaría de Deportes da localidade da Costa da Morte decidiu habilitar un correo electrónico ([email protected]) para poder solicitar as táboas.

Ao longo da semana pasada xa se fixo entrega das mesmas ás persoas usuarias do servizo de ximnasia terapéutica, aínda que estas están pensadas para toda a poboación que máis poida sufrir a falta de exercicio físico.

Polo de agora xa se acolleron a esta medida preto de 50 veciñas e veciños.  

O alcalde de Malpica, Walter Pardo, agradeceu “a boa acollida que tivo esta medida, e sinalou que “é moi importante o benestar físico”, declarando estar “á disposición das veciñas e veciños para impulsar medidas que o favorezan”.

Comentarios