As deputadas do PP que esta sexta feira tiñan que estar nas comisións de Economía, facenda e Orzamentos e de Pesca e Marisqueo non acudiron finalmente ás mesmas por secundar a greve feminista do 8M. Seguían así a mesma decisión que xa anunciaran as parlamentares de En Marea, PsdeG e BNG cando informaran hai días que participarían na folda do Día Internacional das Mulleres.
A ausencia de todas estas deputadas para secundar a greve impediu que puidesen realizarse as dúas comisións previstas para esta sexta feira, que tiveron que suspenderse por falla do quórum necesario.