Suspenden o Entroido Ribeirao e o do Oso de Salcedo

Pola pandemia da Covid

oso salcedo
O Entroido ribeirao e o oso de Salcedo non se celebrarán este ano por mor da pandemia de coronavirus. Chantada e A Pobra do Brollón fican así sen dous actos máis vistosos do entroido tradicional galego.

Tal e como informa a TVG, este ano os volantes, maragatos e mecos non poderán recibir os centos de visitantes que cada ano se achegaban até a parroquia chantadina de Santiago de Arriba, a única que conserva esta celebración. “A organización di que se trata dun descanso forzoso co que collerán folgos para o futuro e volver con máis forza”.

O oso de Salcedo tampouco tinguirá de cinza os que se achegan a celebrar un dos entroidos máis pintorescos da Galiza. Ataviado en pel de ovella e coiro, o oso abandona o seu agocho para percorrer as rúas desta pequena aldea.

Comentarios