Opinión

Suprimir o Nadal

[Xesús M. Piñeiro]

Afirmaba estes días o xornalista e científico Javier Sampedro que suprimir o Nadal “é ciencia” e que ese debía ser o camiño que seguisen os Gobernos para evitar que a pandemia ameace con se estender aínda máis. O Nadal, sentenciaba, é un paraíso para un virus pandémico: mobilidade, reunións, alivio de medidas e precaucións... Todos os elementos que poden favorecer un aumento exponencial nos contaxios.

Virólogos e científicos alertan de que estas datas van ser especialmente críticas desde o punto de vista epidémico polo que pode supoñer de “propulsión” para unha terceira vaga. Gobernos coma o alemán ou holandés, entre outros, dan pasos cara a un confinamento duro

O conselleiro de Sanidade presentou onte as liñas xerais ‘Plan Nadal’ , unha serie de propostas e recomendacións que abranguen desde o fechamento da Galiza do 23 deste mes ao 6 de xaneiro até como se debe poñer a mesa nestes festexos. Un plan que se encomenda ás boas intencións dos galegos e galegas para o seu cumprimento. O que parece que pode non ser abondo.

Comentarios