O Supremo dá luz verde á exhumación de Franco

Levanta as medidas cautelares e permite ao Goberno executar a sentenza e trasladar os restos do ditador enterrado no Val dos Caídos.

val dos caídos

O Tribunal Supremo levantou esta quinta feira o último obstáculo que impedía levar a cabo a exhumación de Francisco Franco: puxo fin á suspensión cautelar que había sobre o plan do Goberno de sacar do Val dos Caídos os restos do ditador. Non fica pois ningún obstáculo para que o Consello de Ministros acorde executar a exhumación.

O tribunal explica agora que a sentenza ditada a semana pasada rexeitando o recurso da familia Franco é por si só un título lexítimo suficiente para levar a cabo as accións previstas polos acordos do Consello de Ministros do 15 de febreiro e 15 de marzo e, polo tanto, acceder á basílica do Val dos Caídos para proceder á exhumación de Franco.

Comentarios