O Supremo confirma, embora vela “exigua” a pena aos directivos de NGB polas indemnizacións millonarias

José Luis Pego Alonso, Gregorio Gorriarán Laza, Óscar Rodriguez Estrada, Ricardo Pradas e Julio Fernández Gayoso foron condeados a 2 años de prisión pola Audiencia Nacional.

NGB
photo_camera NGB

O Tribunal Supremo confirmou a pena de dous anos de prisión que impuxo a Audiencia Nacional aos 5 ex-directivos de Novagalicia Banco (NGB) polas indemnizacións por prexubilación e outros conceptos (por importe de 22 millóns de euros) que se outorgaron a si propios modificando os seus contratos de alta dirección en 2010. O TS considera “exiguas” as condenas mais recoñece que non pode incrementalas porque ningunha das partes as puxo en cuestión á alza.

Cando se aprobaron estes contratos xa comezara o proceso de fusión das caixas galegas que deu lugar a NGB e reclamaran 1.162 millóns de euros ao FROB para superar a situación de inviabilidade de Caixanova e Caixa Galicia.

José Luis Pego Alonso, Gregorio Gorriarán Laza e Óscar Rodríguez Estrada (lpara os que se prepararonas prexubilacións millonarias) e Julio Fernández Gayoso (ex-presidente de Caixanova) y o asesor xurídico Ricardo Pradas Montilla, condeados á misma pena como cooperadores necesarios do delito. O propio Supremo cualifica de "desproporcionada" a pena mais non por exceso mais polo,exiguo das penas embora “a gravidade das condutas”. 

Comentarios