O Xurado Internacional, que outorgou o premio a esta obra, estivo formado por Paula Astorga, Manolo González e Eloy Domínguez Serén. Afirma que o filme premiado “é un magnífico exercicio de dirección, unha película emotica, intelixente e agridoce”.
Ademais, tamén decidiu outorgar unha mención a Un violento desexo de ledicia, de Clément Schneider, por ser "unha oda á liberdade e unha lúcida refleción do pasado dende o presente".
Por outra banda, o Xurado Novo, formado por Ricardo Araújo, Amy Margaret, Pedro Ignacio Ferrari, Ángela Hernández e Noemí Parga, outorgou o seu galardón á mellor dirección a Virgil Vernier, por Sophia Antipolis, obra na que "se desmitifica a sociedade contemporánea evidenciando a violencia colectiva e individual".
O Xurado de Latexos, formado por Violeta Kovacsics, José Manuel López e Ramón Rey, outorgaron o Premio Especial Numax a unha obra que retrata a intimidade cunhas imaxes de “extraordinaria inmediatez”: Young&Beautiful, de Marina Lameiro.
Finalmente, os asistentes ao festival outorgaron o Premio do Público a Trinta Lumes, de Diana Toucedo.