Estas son as subas de prezos que chegan con 2020

O prezo de servizos como a luz, as peaxes da principal autoestrada da Galiza ou o tren soben por riba do IPC, o que deixará 'tocadas' moitas economías domésticas no país.
Peaxe da AP-9. (Itínere)
photo_camera Peaxe da AP-9. (Itínere)

Coa chegada do novo ano, as empresas actualizan o prezo dos seus servizos. Na Galiza, hai taxas como as do transporte urbano que seguen conxeladas, pero moitas outras soben por riba do incremento do custe da vida, o que repercute nas economías de milleiros de persoas. 

Entre os incrementos máis polémicos está o das peaxes da AP-9, a autoestrada que vertebra Galiza de norte a sur, pero tamén chegan ás usuarias do tren ou ás persoas que estes días recorran aos servizos postais, sen esquencer as subas de impostos previstas polo Goberno, como a que afecta ao valor catastral das fincas urbanas, ou as que poderían chegar unha vez se produza a investidura de Pedro Sánchez en Madrid. 

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios