O son natural, encontro do artista Fernando Casás coa música de Vertixe

A natureza é o vínculo que une a música de Vertixe Sonora e a obra de Fernando Casás no concerto “O son natural” que se desenvolverá o mércores 6 de novembro ás 20:00 na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 

Vertixe
photo_camera Vertixe

A natureza imponse na obra plástica de Fernando Casás, materias e formas tiradas de paisaxes compoñen o universo creativo do artista que camiña entre a súa longa estadía brasileira e a súa orixe e residencia galega. Será o propio Casás o encargado este mércores de se adentrar no diálogo da práctica artística coa natureza, a través da súa traxectoria creativa que mostra tan próxima ao land art no que tamén se vinculan obras como Earth do ruso Alexandre Khubeev ou a música arredor das estacións de Jacobo Gaspar, pezas que se interpretarán no concerto de Vertixe Sonora. 

Pablo Coello no saxo, Thomas Piel no violonchelo, Carlos Méndez ao contrabaixo, Rubén Barros coa guitarra eléctrica, Diego Ventoso na percusión e David Durán ao piano compoñen “Vertixe Sonora Ensemble”,  un colectivo que aposta pola difusión da música contemporánea e, en especial, pola difusión de novos nomes na composición e pola creación de audiencias. O colectivo está tamén a organizar o ciclo de concertos e actividades Vertixe Vigo. 

Comentarios