Somos Nós

Margarita Ledo, escritora, investigadora, cineasta e catedrática de Comunicación Audiovisual na USC, expón unha síntese do que foi Nós en clave de futuro.
 
ledo
photo_camera Margarita Ledo

Como produto cultural e xornalístico, Nós é o resultado de tres elementos basilares:

O primeiro, a identidade cultural en tanto aquelas características que se atribúe un colectivo para se sentir partícipe dela, neste caso da cultura galega, co acerto de situar a identidade en dous elementos inconfundíbeis e inseparábeis, a lingua e a Terra.

O segundo, a tematización, precisamente, da lingua e da Terra, sinónimo da nación, co uso da lingua para todo o que teña que ver coa Terra; coa posta en relación da Terra con todo o que, dentro e fóra a representa, e coa actitude do grupo que se fai chamar ‘Nós’.

O terceiro elemento nodal nun medio de comunicación, antes como agora, é a certeza de que existe un público destinatario posíbel que cómpre seducir, configurar, fidelizar nesta descoberta da Terra.

Un novo obxecto, un medio de comunicación, para un novo suxeito en construción; novo mais identificado con aqueles tres elementos basilares e coa sociedade e a cultura galega actual.

Somos Nós.

Máis en Nós Diario