Somos Nós impulsa grupos territoriais polo país de cara á Asemblea Xeral constituínte de xuño

Reitera que non está no seu “ánimo” participar nunhas eleccións. Son máis de 300 as persoas inscritas.

Somos Nós

Somos Nós, o colectivo impulsado por diversas persoas, entre elas o ex-vicepresidente Anxo Quintana, está en pleno “proceso constituínte”, proceso que prevén que finalice o 28 de xuño nunha asemblea xeral. Neste tempo, afirmaron nunha rolda de impresa de Fernández Prieto e Sara Seco, establecerán estatutos, regulamento interno, órganos de dirección. Todo en debate dos máis de 300 persoas asociadas.

Somos Nós insiste en sinalar que é unha asociación e que se se rexistraron como partido “e marca comercial” foi para evitar “uso indebido” do nome. Nun comunicado afirman que “aproveitamos para reiterar que no ánimo do grupo promotor non está a creación dun novo partido político (...) nin tampouco a participación nunhas eleccións baixo calquera outra fórmula”.

Somos Nós anuncia que vai ir “creando e consolidando grupos territoriais que nos permitan ampliar o noso radio de acción, e tamén constituíndo grupos de traballo temáticos, profesionais ou outros que as persoas asociadas decidan, para ampliar a nosa actividade e formalizar unha estrutura de traballo e pensamento práctico que se converta nunha ferramenta útil para acadar os obxectivos da declaración constitutiva, ademais de reunir ás persoas con interese en traballar en temas concretos”.

Comentarios