Soldados israelitas agreden diplomatas europeos que levaban axuda humanitaria a palestin@s

Os militares guindaron no Val do Xordán granadas ensurdecedoras e agrediron os diplomatas que ían nun comboio de material humanitario para palestin@s. O goberno israelita cualifica de “provocadores” á delegación diplomática.

Exército Israel
photo_camera Soldados do Exército israelita

Un comboio con alimentos, destinados a familias palestinas cuxas casas foron recentemente demolidas polo estado israelita, é un obxectivo militar lexítimo para o exército hebreo. Son ataques e agresións habituais, case de a diario, como denuncian organizacións de dereitos humanos. Poucas veces saen nalgún medio e sería unha milagre que algún soldado fose sancionado por mallar nalgún integrante destes comboios humanitarios.

Mais nesta ocasión houbo un elemento 'novidoso', por dicilo dalgún xeito. Acompañando o comboio humanitario ía unha delegación de diplomáticos europeos. Quizá pensando estes diplomáticos que cousas como inmunidade, etc... teñen vixencia en Israel cando de falar de palestin@s se trata.

Unha lección

Cando o comboio circulaba pola zona do Val do Xordán, soldados israelitas guindaron granadas ensurdecedoras, arrancaron do carro onde viaxaba a unha das diplomáticas para tirala ao chan e inmobilizala. A vítima, Marion Fesneau-Castaing, é do consulado frances en Xerusalén,e tomaba parte no comboio no exercicio das suas funcións.

As autoridades israelitas informaron ao xornal 'Haaretz de que consideran o comportamento da diplomata francesa como “inapropriado”, polo que preparan a súa expulsión como persona non gratta.

O ministro israelita de Extriores, o ultra Avigdor Lieberman, afirmou que “os diplomatas son enviados polos seus gobernos para actuar como pontes e non como provocadores”. 

Comentarios