Siria vota por primeira vez desde o inicio da guerra

O partido Baaz de Al-Assad consigue unha ampla maioría 
Al Assad, Siria
photo_camera Al Assad, Siria

O partido Baaz de Bashar al-Assad e os seus socios no Gabinete non quixeron adiar a celebración dos comicios co obxectivo de cumprir coa promesa de acudir ás urnas tan pronto como as circunstancias o permitiran. Após 9 anos dunha guerra e con máis de 80% do territorio do país en mans do Goberno, os sirios e as sirias escolleron 250 representantes da súa cámara lexislativa.

Segundo os dados ofrecidos polo Goberno sirio, o partido Baaz e os seus aliados da Fronte Nacional Progresista conquistaron 177 representantes, nunhas eleccións que contaron  cunha participación de 33% do corpo electoral,  nos máis de 7.000 puntos de votacións distribuídos  polo conxunto do país.

O partido Baaz, xurdido na loita pola liberación do país na década dos 40 e situado nas coordinadas ideolóxicas do panarabismo e do denominado socialismo árabe, concorreu ás elección dentro do Fronte Nacional Progresista, do que fixeron parte formacións comunistas, socialistas e nacionalistas

Comentarios