Siria, en conversas con Rusia, ofrece poñer o seu armamento químico sob control internacional

Damasco ve con bos ollos a proposta rusa, feita horas despois de que Kerry afirmase que EUA reconsideraría o ataque de entregar Siria as armas químicas.

Al Assad, Siria
photo_camera Al Assad, Siria

Siria toma a palabra da oferta rusa e acepta poñer o seu armamento químico baixo control internacional. Unha opción que Damasco adopta tras conversas con Rusia e que quere deixar fóra de xogo a EUA despois de que o secretario estadounidense John Kerry dixese que Estados Unidos reconsideraría un ataque en case de poñer Siria as armas químicas baixo control internacional.

E Damasco ofrecécese a colocar o seu armamento químico sob control internacional, unha petición que tamén fixo o secretario xeral da ONU, Ban Ki moon. Que Siria teña armamento químico non implica que o usase, como lembran organismos internacionais, pois as acusacións de ter usado as armas contra populación siria non se teñen demostrado.

Rusia Today publica que as forzas opositoras sirias planean atacar a Israel con armamento químico para culpar do ataque a Damasco

Mentres, Rusia Today -a canle de televisión que é propiedade do Estado ruso- afirma que as forzas opositoras sirias estarían a preparar un ataque falsa bandeira con armamento químico contra Israel, que se lanzaría desde posicións controladas neste momento, aínda que non inteiramente, polo Exército sirio.

Trataríase de atribuír a responsabilidade do ataque a Damasco para torpedear as conversas en curso entre Siria e Rusia sobre a eventual entrega do armamento químico a instancias internacionais..

Comentarios