Clip avance do seu novo EP

Sintetizadores invaden o pop nervioso de Esposa

“Somos libres / como as rocas / se alguén morre / pecha a boca”, comeza Nube branca, o adianto do EP Belo horizonte de Esposa. Un clip de animación acompaña esta pílula de pop nervioso, característicos xogos de voz e maior presenza de sintetizadores do que é habitual na banda compostelá.

esposa
photo_camera Imaxe promocional de 'Xardín interior', o disco longo que Esposa publicou en 2017.

A canción rexistrouna na Susana (Compostela) da man de Bobby Perú e publicouse antes no libro disco que celebraba os 15 anos do Café Torgal de Ourense. O vídeo, debuxado en liña clara e naíf, é obra de Pepa Prieto Puy e Gael Carballo.

Nube branca soa a Esposa porque as súas meolodías cabalgan ritmos acelerados, porque a súa aparente inocencia ten alma punk, porque os ecos remiten a The Feelies e Ataque Escampe ou aos primeiros Yo La Tengo. Desde o seu ben recibido disco longo Xardín Interior (Prenom, 2017) non entregaban material novo.  

Comentarios