Os sindicatos critican a "falta de achegas" da Consellaría de Medio Rural

O secretario xeral de Unións Agrarias lamentou que o Goberno galego “se limite a pagar as débedas” cos produtores, e reclamou “achegas directas” ás explotacións que “están sen nómina” ante o impacto do coronavirus.

EuropaPress_3162418_reunion_videoconferencia_jose_gonzalez_roberto_garcia_isabel_vilalba
photo_camera Estampa da videoconferencia entre o conselleiro e os sindicatos (Foto: Europa Press).

Reunidos telemáticamente o conselleiro de Medio Rural, José González, cos representantes dos sindicatos de Unións Agrarias –Roberto García- e o Sindicato Labrego Galego –Isabel Vilalba-, o primeiro comprometeuse a pagar “coa maior axilidade posíbel”, e “entre maio e xuño” os 300 millóns de euros de convocatorias pendentes en anticipos para o agro.

Sobre esta medida, o secretario xeral de Unións Agrarias lamentou que o Goberno galego “se limite a pagar as débedas” cos produtores, e reclamou “achegas directas” ás explotacións que “están sen nómina” ante o impacto do coronavirus.

“Non resolve os problemas de fondo que viven as explotacións, que teñen que endebedarse para manter a súa actividade ou vender a perdas”, indica.

Na mesma liña se manifestou Isabel Vilalba, líder do Sindicato Labrego Galego, que lembra que neste “momento excepcional” que nonn existan axudas directas a sectores como o vacún ou vitivinícola diferencia Galiza doutros territorios europeos.

Comentarios